Coordenadas cartográficas

Localizando lugares

Para poder utilizar mapas, as coordenadas da esfera hai que proxectalas sobre un plano. A proxección cilíndrica é a que se utiliza con maior frecuencia; consiste en imaxinar un cilindro que faga contacto coa Terra ó longo da liña ecuatorial e cada punto da esfera proxéctase sobre o cilindro ó longo dunha recta perpendicular ó eixe Norte-Sur.

proxección cilíndrica

Despois, o cilíndro córtase ó longo dunha xeneratriz e xa temos o mapa. Move o rato e observa na esquina inferior dereita as coordenadas do lugar.

Recorda:

Exercicios

  1. Indica a localidade e o país ó que pertencen as seguintes coordenadas?
    1. (-55.23501; -34.37394)
    2. (13.26037; -8.85823)
    3. (15.88336; 49.21510)
    4. (121.02724; 28.21846)
    5. (-75.73455; 5.96358)
    6. (-1.70241; 38.23033)
    7. (17.05881; 61.29685)
    1. Minas - Uruguay
    2. Luanda - Angola
    3. Trebic - Chequia
    4. Yuenqing - China
    5. Venecia - Colombia
    6. Calasparra - España
    7. Söderhamm - Suecia
  2. Transforma as coordenadas anteriores a graos, minutos e segundos, indicando se é leste ou oeste para as lonxitudes e se é norte ou sur para as latitudes.
    1. 55º 14' 6'' O; 34º 22' 26'' S
    2. 13º 15' 37'' E; 8º 51' 30'' S
    3. 15º 53' E; 49º 12' 54'' N
    4. 121º 1' 38'' E; 28º 13' 6'' N
    5. 75º 44' 4'' O; 5º 57' 49'' N
    6. 1º 42' 9'' O; 38º 13' 49'' N
    7. 17º 3' 32'' E; 61º 17' 49'' N
  3. Onde se sitúa o lugar de coordenadas (0;0)? E o (180,0)?
    Nun lugar do Atlántico, preto de África, ó sur de Ghana. Nun lugar do Pacífico ó leste da illa de Kiribati.
  4. Busca as coordenadas dun punto do patio do instituto e calcula as coordenadas antípoda.
    As coordenadas antípodas do IES Concepción Arenal son (136.512; -8.23), un punto ó norte de Australia, preto das costas de Papúa.
  5. Supoñendo que o raio da Terra é de \(R=6371 km\) e as posicións relativas de dous puntos forman un ángulo de 1º, cal é a distancia entre eles?
    Dividimos a lonxitude da circunferencia entre os graos da circunferencia completa: \[ L_a = \frac{2 \pi R}{360} = \frac{2 \pi 6371}{360} = 111.1949 km. \]

Distancias entre lugares

Debido á curvatura da Terra, calcular a distancia entre dous lugares cando se coñecen as súas coordenadas implica ter que realizar unha serie de cálculos.

Esta calculadora permite calcular distancias introducindo as coordenadas en graos, tal como as amosa o mapa. Considera a Terra como unha esfera perfecta de 6378km de raio, o que non é totalmente exacto, xa que sabes que está aplanada polos polos. Tampouco ten en conta a orografía do terreo.

Exemplo 1

As coordenadas de Moscova son (37.62446, 55.74905) e as de Nova Iork son (-73.97200, 40.77351). Están a 7512.151 km de distancia.


Exercicios

  1. Cal é a distancia entre Ferrol e Río de Xaneiro?
    8205 km.
  2. Cal é a distancia entre Ferrol e A Coruña?
    19 Km. Ten en conta que esta distancia é en liña recta, non por estrada, que é moito maior.
  3. Resolve os seguintes apartados:
    1. Calcula a distancia en barco entre o peirao de Ferrol e o de Mugardos, ó outro lado da ría.
    2. Calcula a distancia aproximada indo por terra (toma como mínimo un punto intermedio no centro da ponte das Pías; cantos máis puntos, maior exactitude).
    3. Se o traxecto anterior o fixeras andando, a 4km/h, que tempo che levaría chegar a Mugardos?
    1. 1.833 km
    2. Tomando dous puntos intermedios, un ó comezo da ponte das Pías e outro en Fene, sumando as catro distancias dá un total de 13.724 km.
    3. Tardarás \(\frac{13.724}{4} = 3.43 h\).
  4. Un mozo é de Carballo (A Coruña) e atopou dous traballos, un en Arteixo e outro en Laxe. Cal debe escoller se quere estar o máis preto posible da súa casa?
    Arteixo, a 18km aproximadamente.

Volta a EduMates